O Obradoiro destitúe a Gonzalo Rodríguez Palmeiro
O Obradoiro destitúe a Gonzalo Rodríguez Palmeiro
O xa extécnico obradoirista terminou cunha bagaxe de 7 triunfos e 5 derrotas
O Monbus Obradoiro destituíu a Gonzalo Rodríguez como adestrador do conxunto compostelán tras a quinta derrota no Primeira FEB.
O equipo non puido superar ao Fuenlabrada, líder da categoría, tras un último cuarto onde a boa defensa e a mala selección de tiro condenaron en Fontes do Sar aos locais e ao preparador santiagués.
Termina así a aventura de Gonzalo, un home de club desde a infancia e que estivo desde o ascenso a ACB con Moncho Fernández nos bancos.
Na súa aventura como primeiro adestrador terminou cunha bagaxe de 7 triunfos e 5 derrotas, ocupando o sétimo posto na clasificación.
O Monbus Obradoiro e Gonzalo Rodríguez separan os seus camiños
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) December 17, 2024
👉 https://t.co/upvizhtuNt pic.twitter.com/PwlEchtICA