Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing volve ao traballo á espera de cambios

O Rácing volve ao traballo á espera de cambios

O conxunto ferrolán regresou aos adestramentos tras unha semana de descanso 

Tan só estiveron ausentes por lesión Brais Martínez, Moi Delgado, Manzanara e Cabaco

Foto Rácing de Ferrol
G24.gal 30/12/2024 16:40 Última actualización 30/12/2024 16:56

O Rácing de Ferrol xa está de volta ao traballo despois do breve parón do Nadal. O equipo ferrolán con Cristóbal Parralo á fronte despois de ser ratificado no banco, prepara xa un 2025 no que necesita dar un paso de xigante para cambiar a súa mala situación clasificatoria.

Na primeira sesión de adestramentos o técnico puido contar con todos os seus futbolistas fóra dos lesionados Erick Cabaco, Moi Delgado, Fran Manzanara e Brais Martínez. Os 22 xogadores dispoñibles comezaron a preparar o partido copeiro ante o Raio Vallecano do próximo venres día 3.

Para este encontro non se espera que ningún dos catro xogadores ausentes por lesión poida estar dispoñible. Con todo, nas oficinas da Malata, o Rácing de Ferrol planifica os diferentes movementos de mercado previstos nos que o club centrará os seus esforzos nas posicións de ataque, con especial énfase nos extremos.

As operacións do mercado invernal abrirán de forma oficial o vindeiro xoves 2 de xaneiro e estará operativo ata o luns 3 de febreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade