Cinco persoas, intoxicadas por un incendio nun piso en Ferrol
Cinco persoas, intoxicadas por un incendio nun piso en Ferrol
Tres delas tiveron que ser evacuadas a un centro sanitario
Tres persoas necesitaron ser evacuadas por un incendio declarado nun piso do barrio de Caranza, en Ferrol, aínda que en total foron cinco as persoas que resultaron intoxicadas. O incidente produciuse sobre as 2:45 horas deste luns nun inmoble situado no número 4 da avenida de Castelao.
Dos cinco afectados, dous deles recibiron asistencia no lugar dos feitos e as outras tres, unha muller e os seus fillos, dun e cinco anos, foron trasladados ao hospital.
Deste xeito, os xestores do 112 avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ferrrol, á Policía Nacional e á Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol.
Cando chegaron ao lugar os bombeiros de Ferrol o lume xa fora sufocado, dado que foi un pequeno incendio que se produciu cando ardeu un enchufe de plástico. Isto provocou unha importante fumareda, polo que os bombeiros comprobaron a situación e a ventilar o inmoble. Non foi necesario evacuar o edificio, nin os pisos da mesma planta onde se produciu este suceso.