Un incendio calcina unha cafetería e un salón de peiteado en Ordes
Un incendio calcina unha cafetería e un salón de peiteado en Ordes
O suceso produciuse contra as 21:00 deste mércores por causas que polo momento se descoñecen
Un incendio iniciado na noite deste mércores calcinou por completo dous locais comerciais anexos, unha cafetería e un salón de peiteado, no baixo dun edificio en Ordes. Con todo, non houbo que lamentar danos persoais.
Foi un particular quen alertaba ao 112 Galicia pouco antes das 21:00 horas para avisar de que saía fume pola fachada dun edificio situado na esquina de rúa Mediodía con Víctor González Falla.
De inmediato, o 112 Galicia solicitou a intervención dos bombeiros de Ordes, da Garda Civil e da Policía Local.
Os equipos de extinción traballaron durante varias horas para controlar o lume, tras o que se uniu unha dotación dos bombeiros de Betanzos.
Pouco despois das 3:00 horas da madrugada, co lume xa apagado, continuaban as tarefas de arrefriamento.