Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo estrea o ansiado auditorio cun concerto de Ainhoa Arteta

Lugo estrea o ansiado auditorio cun concerto de Ainhoa Arteta

O auditorio leva o nome de 'Fuxan os Ventos' por votación popular

G24.gal 20/12/2024 20:24

Tras décadas de espera, Lugo estreou por fin o seu novo auditorio. O edificio, bautizado Fuxan os Ventos por decisión popular, abriu as súas portas na tarde deste venres, entre unha enorme expectación, co concerto da soprano Ainhoa Arteta.

A alcaldesa Paula Alvarellos subliñou que se trata dun día "histórico para a cidade"
​​​​​​​

A alcaldesa de Lugo e Ainhoa Arteta, cortando a cinta inaugural

O auditorio encheuse nesta primeira actuación, na que tamén estivo presente o conselleiro de Cultura. José López Campos subliñou que este novo recinto cultural consolida a Lugo como un referente cultural e patrimonial en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade