O Breogán ficha o base Dae Grant para suplir a baixa de Charlie Moore
O Breogán ficha o base Dae Grant para suplir a baixa de Charlie Moore
O novo base breoganista procede do Radnicki KG de Serbia, co que mediou 22,9 puntos, 5,4 rebotes e 5,2 asistencias en nove partidos
O Río Breogán anunciou este venres a fichaxe do base norteamericano Devone Dae Grant, que chega ao equipo galego para suplir a baixa do seu compatriota Charlie Moore, que se perderá o que resta de tempada pola grave lesión de xeonllo que sufriu a semana pasada.
O novo base breoganista procede do Radnicki KG de Serbia, co que mediou 22,9 puntos, 5,4 rebotes e 5.2 asistencias en nove partidos, o último disputado o pasado 14 de decembro, no que achegou 30 puntos, 4 rebotes e 6 asistencias.
Dae Grant, de 188 centímetros e 23 anos, formouse nas universidades de Miami (de 2019 a 2022) e Duquesne (2022 a 2024), onde destacou polos seus números en NCAA, mediando 14,6 puntos, 3.8 rebotes, 2.7 asistencias nos seus cinco anos universitarios.
A súa primeira experiencia profesional no baloncesto europeo viviuna co Feniks 2010 de Macedonia do Norte, onde mantivo o seu nivel de anotación (28.3 puntos de media por encontro) antes de dar o salto ao baloncesto serbio.
“É un base anotador, atlético e con bo manexo de balón, con capacidade, tamén, para asistir aos seus compañeiros e axudar no rebote”, destacou o Breogán.