Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mestre do graffiti Diego As imparte un taller de arte urbana nun instituto de Lugo

O mestre do graffiti Diego As imparte un taller de arte urbana nun instituto de Lugo

Máis de vinte alumnos asistiron ao obradoiro, organizado pola ANPA do IES Xoán Montes

Os futuros artistas participaron na confección dun mural no carril das Estantigas

Para moitos dos rapaces, era a primeira vez que pintaban cun spray
Félix Aragunde 17/12/2024 20:07

O artista lucense Diego As leva anos destacando pola calidade dos seus traballos, espallados por diferentes países. De feito, varias das súas obras chegaron a ser seleccionadas como o mellor mural do mundo.

Foi o caso do Xulio César situado na rolda da Muralla de Lugo, a escasos metros de onde acaba de impartir un taller de arte urbana. No carril das Estantigas, ensinoulle ao alumnado do instituto Xoán Montes a expresarse artisticamente a través do graffiti.

Diego As, artista urbano: "Que saiban desde o principio como se prepara un muro e os coñecementos básicos que hai que ter para iniciarse no mural".

Organizado pola asociación de nais e pais do centro de ensino lugués, o obradoiro gozou dun gran poder de convocatoria entre os seus alumnos. Con suma atención, a rapazada seguiu os consellos de Diego As.

Selma: "Estiven pintando un círculo morado e unha folla tamén da mesma cor".

Martín: "Gústame bastante debuxar, e teño moitas ganas de aprender como debuxa unha persoa tan profesional como é Diego As".

Hugo: "Estamos moi contentos de poder ter aquí a Diego As e aprender un pouco máis do mundo do graffiti".

Sandra Fuentes Noche, secretaria da ANPA do IES Xoán Montes de Lugo: "Foi dicirlle que os nenos querían que viñese e enseguida se ofreceu. Achegou todas as facilidades que lle pedimos e aquí está, con todos os rapaces".

Entre bosquexos e trazos de spray sobre o muro, os futuros artistas aprenderon así a crear, a pintar e a sentir a través da arte urbana.

A rapazada asistente atendeu ás indicacións que lle deu o artista urbano lucense A rapazada asistente atendeu ás indicacións que lle deu o artista urbano lucense
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade