Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta lanza un programa de apoio ao alumnado estranxeiro

A Xunta lanza un programa de apoio ao alumnado estranxeiro

A iniciativa contará cunha oficina de acollida e un proxecto de inclusión

Cubrirá todas as etapas educativas e tamén a Formación Profesional

G24.gal 12/12/2024 20:39 Última actualización 12/12/2024 20:47

Sete de cada dez alumnos que estudan en Galicia son estranxeiros. Actualmente, os estudantes de fóra son case 29.000. As nacionalidades máis representativas son a venezolana, colombiana, peruana e marroquí.

Para axudar a estes estudantes, a Xunta lanza un programa de apoio en todas as etapas educativas desde infantil ata bacharelato. A iniciativa, contará cun proxecto específico de inclusión e unha oficina de acollida.

Ademais, inclúense medidas específicas para integrar o alumnado de Formación Profesional e dos ensinos do réxime especial.

O conselleiro de Educación dixo que este programa busca asegurar unha "comunidade educativa máis equitativa, cohesionada e diversa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade