Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soben a 223 as vítimas mortais pola dina en Valencia tras identificar o corpo dun cidadán marroquí

Soben a 223 as vítimas mortais pola dina en Valencia tras identificar o corpo dun cidadán marroquí

Os expedientes activos por desaparición descenderon de catro a tres como consecuencia desta identificación

Imaxe de arquivo de Chiva. (Eduardo Manzana - Europa Press) Imaxe de arquivo de Chiva. (Eduardo Manzana - Europa Press)
G24.gal 20/12/2024 20:35

A cifra total de vítimas mortais rexistrada por mor da dina que afectou á provincia de Valencia o pasado 29 de outubro aumentou a 223, tras a identificación do corpo dun cidadán marroquí de 59 anos que figuraba entre os desaparecidos.

Así o informou o Centro de Integración de Datos (CID), que indicou que os expedientes activos por desaparición descenderon de catro a tres como consecuencia desta identificación.

Actualmente hai 223 persoas falecidas rexistradas por mor da dina. A todas elas practicóuselles a autopsia e todas están identificadas: 171 por pegadas dixitais, 48 por ADN e catro son identificacións hospitalarias en vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade