Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso iniciará o vindeiro venres a tramitación do suplicatorio de Ábalos

O Congreso iniciará o vindeiro venres a tramitación do suplicatorio de Ábalos

O Supremo solicitouno ao Parlamento ao apreciar na actuación de Ábalos indicios de delitos no caso Koldo

Ábalos presentou un recurso no que solicita que se anule a causa "por vulneración das garantías procesuais e os dereitos fundamentais recoñecidos na Constitución"

Ábalos pide ao Supremo que anule a causa contra el por unha intervención ilegal da UCO

G24.gal 20/12/2024 17:40

A Comisión do Estatuto dos Deputados do Congreso reunirase o vindeiro venres para iniciar a tramitación do suplicatorio para o exministro José Luis Ábalos, solicitado polo Tribunal Supremo en relación ao caso Koldo.

O suplicatorio é un requisito polo que a Xustiza pide ao Congreso ou ao Senado poder actuar contra algún membro do Poder Lexislativo, e sen a súa aprobación non poden ser procesados.

O Supremo solicitouno ao Parlamento ao apreciar na actuación de Ábalos indicios de delitos de integración en organización criminal, tráfico de influencias, suborno e malversación no caso Koldo.

A comisión reunirase o venres e a partir de entón debe concluír o seu traballo no prazo máximo de 30 días, tras dar audiencia de forma presencial ou escrita ao interesado, neste caso o exministro e ex secretario de Organización do PSOE.

Este venres, a propia defensa de Ábalos pediu ao Tribunal Supremo a nulidade da causa, ao considerar que o xuíz vulnerou os seus dereitos fundamentais porque entende que a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil interceptou ilegalmente as súas comunicacións.

Ábalos presentou este venres un recurso de reforma e de nulidade de actuacións no que solicita á Sala do Penal que anule a causa "por entender que se vulneraron tanto as garantías procesuais como os dereitos fundamentais recoñecidos na Constitución".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade