Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para o acusado de matar a coiteladas a súa parella en Viveiro

Prisión provisional para o acusado de matar a coiteladas a súa parella en Viveiro

Inicialmente será ingresado na unidade de custodia do Hospital Universitario de Lugo, a fin de que poida finalizar un tratamento e, cando cumpra a alta médica, será trasladado a un centro penal

"Descansa, miña raíña", a despedida de Álex, fillo da muller asasinada en Viveiro

Saída do acusado dos xulgados de Viveiro
G24.gal 20/12/2024 17:29

A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do detido por presuntamente matar á súa parella o pasado mércores. A medida se levará a cabo, inicialmente, co seu ingreso na unidade de custodia do Hospital Universitario de Lugo, a fin de que poida finalizar un tratamento e, cando cumpra a alta médica, será trasladado a un centro penal.

Está investigado por un delito de asasinato. A  xuíza explica no auto que a medida cautelar é proporcionada, en atención á consistencia dos indicios de culpabilidade, a gravidade da pena e a finalidade pretendida (asegurar a presenza do investigado no proceso). Ademais, explica que non se observa ningunha outra medida menos injerente cos dereitos fundamentais do investigado que poida servir aos mesmos fins, de acordo co artigo 502 da Lei de Axuizamento Criminal.

Rejane S.de G, de 42 anos de idade, foi asasinada cunha arma branca no seu domicilio de Covas, no concello de Viveiro.

A vítima era de orixe brasileira, aínda que levaba 16 anos residindo na comarca da Mariña, once deles en parella co presunto agresor.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou que non existían denuncias previas por malos tratos da muller asasinada cara ao presunto agresor, ao que tampouco lle constan antecedentes previos na base de datos do Xulgado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade