Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nova situación fiscal: de momento sálvanse as enerxéticas, por Maite Cancelo

OPINIÓN

Nova situación fiscal: de momento sálvanse as enerxéticas, por Maite Cancelo

Maite Cancelo 20/12/2024 08:06

Este xoves o Congreso dos Deputados aprobou de entre novas medidas fiscais

O imposto complementario para que as multinacionais paguen, polo menos, un tipo mínimo efectivo do imposto de sociedades do 15 % do seu resultado contable axustado, o que é unha trasposición dunha directiva europea.

Outras cuestións contempladas son o imposto sobre intereses e comisións bancarias, o gravame aos vapeadores ou un aumento nos impostos ao tabaco entre outras cuestións.

O principal problema na aprobación nas propostas presentadas polo Goberno

Isto é o relevante do acontecido no Congreso, algunhas das cales son consecuencia do aprobado previamente no Senado sendo a máis importante.

Que o Partido Popular, PNV e Junts únense á proposta do primeiro de derrogar o gravame temporal ás empresas enerxéticas, o que xa foi aprobado no marco do Senado. De feito, o apoio dos partidos vasco e catalán débese, probablemente, as presións destas empresas que xa puxeron en xaque os seus investimentos en España, maioritariamente nestes territorios no Estado español. A isto hai que sumarlle a particularidade fiscal vasca, xa que este imposto non sería recadado pola facenda foral vasca.

Así, o Parlamento español por maioría absoluta derroga o artigo no que se basea o gravame temporal ás empresas enerxéticas, aprobado no 2023. Para poder seguir prorrogando unha medida destas características, había que aprobar unha lei, a cal non reunía os apoios necesarios no parlamento español, a non ser que o Senado de España apoiase a continuación desta medida, o cal non foi así. A clave foi a mesa de negociación da prórroga do gravame á que non acudiron nin PNV nin Junts e aínda que a Ministra Montero mantén a súa proposta de aprobar un Real Decreto que prorrogue o gravame ás enerxéticas pactado cos partidos de esquerdas, o máis probable é que este acordo volva decaer no Congreso dos Deputados.

Doutra banda, temos o aviso do BCE sobre o imposto á banca en España no que se alerta de que pode afectar a solvencia dos bancos e, por tanto, á evolución económica dependente da concesión de crédito. Desde o BCE lémbrase que os bancos xa pagan o imposto sobre sociedades, co que un novo imposto situaríaos en desvantaxe con relación aos seus competidores europeos e, mesmo, supoñería unha fragmentación do mercado bancario europeo.

Dous impostos que empezaron como gravames temporais e que se seguen expondo en transformar en impostos e que como xa comentamos anteriormente, están inxustificados economicamente e poñen ás nosas empresas nunha situación de menor competitividade con relación ás entidades dos nosos veciños europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade