Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta convoca as axudas para paliar os danos do xabaril nos cultivos

A Xunta convoca as axudas para paliar os danos do xabaril nos cultivos

Mantense a contía deste ano, de 2 millóns de euros cun máximo de 2.750 euros por subvencións

O importe das subvencións polos ataques do lobo aumentan un 10 % respecto a 2024

Publicouse tamén a convocatoria de axudas para os propierarios de terreos de caza, con axudas de ata 10.000 euros

Grupo de xabarís. Xunta Grupo de xabarís. Xunta
G24.gal 20/12/2024 17:56

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a convocatoria de varias liñas de axudas para paliar os danos provocados polos xabarís nos cultivos. Deste xeito, a Xunta pretende garantir convivencia da fauna silvestre coas actividades do medio rural, así como para apoiar a ordenación da caza.

Para isto, destina 2,02 millóns de euros a axudas para paliar os danos que cause o xabaril en explotacións profesionais ou terras de cultivo agrario para autoconsumo, cun máximo de 2.750 euros por subvención, a mesma contía que este ano.

Poderán optar a estes apoios os titulares de explotacións inscritas no Rexistro de explotacións agrarias de Galicia (REAGA) así como as persoas físicas ou xurídicas propietarias de granxas de autoconsumo nas que se constaten danos aos cultivos agrícolas producidos por esta especie.

Os interesados terán un mes para presentar as solicitudes desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012. Para as afeccións que se comunicaran entre o 11 de outubro de 2024 e a entrada en vigor desta orde, o prazo será dun mes desde o sábado 21 de decembro.

Axudas para paliar os danos dos ataques do lobo

No caso dos danos causados polo lobo, incrementan nun 10 % os importes das axudas con respecto a 2024. Cun orzamento global de 0,9 millóns de euros (un 50 % máis que este ano), as contías oscilarán entre os 41,47 euros a percibir por un exemplar de gando ovino/cabrún adulto e os 2.858,57 euros por unha vaca de raza autóctona de entre dous e seis anos.

Estes importes, en todo caso, poderán incrementar tamén nun 10 % no caso daquelas explotacións nas que se teña comprobada a aplicación de medidas preventivas avaliadas de xeito favorable.

Tamén serán subvencionables os gastos veterinarios, de eutanasia e por abortos derivados de depredacións. Prevese un importe adicional, en concepto de lucro cesante, no caso de gando bovino e ovino-cabrún reprodutor de carne e leite.

Poderán acollerse a estas axudas propietarios de gando vacún, ovino, cabrún, equino e porcino inscritos no Rexistro de explotacións gandeiras (REGA).

As solicitudes poderán presentarse durante un mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano. No caso daqueles que foran comunicados entre o 1 de outubro de 2024 e a entrada en vigor desta orde, o prazo será dun mes contado a partir de mañá, sábado, 21 de decembro.

Axudas para os terreos de caza

A maiores, o DOG tamén publicou este venres a convocatoria das axudas para os titulares de terreos cinexéticos ordenados (Tecores) cun orzamento de 270.000 euros.

Os interesados terán un mes desde o 21 de decembro para solicitar estas axudas, que se destinarán a subvencionar actuacións que melloren os terreos de caza mediante labores de roza e trituración do mato ou fertilización e sementeira de cereal, entre outras (cun límite de 10.000 euros) e a construción de tobeiras artificiais (con axudas de ata 6.000 euros).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade