Publicador de contidos
Publicador de contidos

O programa Merlo apoiou en 2024 cen proxectos empresariais liderados por retornados

O programa Merlo apoiou en 2024 cen proxectos empresariais liderados por retornados

O programa asesóraos na creación dos seus proxectos de emprendemento e que, de paso,  quere servir para asentar poboación en Galicia

G24.gal 20/12/2024 14:30

Os promotores do programa Merlo fixeron balance de once de anos dese proxecto de mentorización e asesoramento pensando para fillos e netos de emigrantes que veñen para montar aquí pequenas empresas.

"Acadamos o obxectivo de que desde 2013 xa houbera 800 emprendedores, procedentes de máis de 40 países, que están facendo aquí as súas vidas e ao mesmo tempo colaborando co desenvolvemento da nosa sociedade", declarou José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración.

O Goberno galego entende tamén este programa como un xeito de paliar a crise demográfica e os problemas de persoal de determinados sectores,  buscando perfís con máis probabilidades de quedar aquí.

Clara e Valeria, desde Bos Aires e netas e galegos, tamén teñen en común que son unhas das emprendoras do programa Merlo para retornados Clara e Valeria, desde Bos Aires e netas e galegos, tamén teñen en común que son unhas das emprendoras do programa Merlo para retornados
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade