A asesora di ao xuíz que Moncloa a nomeou para axudar a Begoña Gómez con temas oficiais e privados
A asesora di ao xuíz que Moncloa a nomeou para axudar a Begoña Gómez con temas oficiais e privados
A asistenta da muller do presidente do Goberno di que pediu cartos para a cátedra
Óscar López acusa ao xuíz Peinado de prevaricación por mentir no caso de Juan José Güemes
A asistenta que a Moncloa lle asignou á muller do presidente do Goberno admite ante o xuíz que xestionou a súa axenda privada, ademais da institucional. Cristina Álvarez dixo que Begoña Gómez lle pediu como un favor que xestionase a renovación do patrocinio do máster que codirixía na Universidade Complutense.
Cristina Álvarez, pasaba pola comisión de investigación do senado o pasado 29 de novembro. Daquela negábase a declarar. Hoxe estaba citada nos xulgados para facelo como testemuña. E antes as preguntas do xuíz Juan Carlos Peinado, Cristina Álvarez asegurou que a contrataron para asistir a Begoña Gómez en temas oficiais e privados, que levaba a súa axenda. Sinalou tamén a Moncloa que a elixiu para facer funcións de secretaria persoal porque coñecía a muller do presidente do Goberno e tiña con ela unha relación de amizade e por iso pediu cartos para a catedra en nome de Begoña Gómez.
Relacionado coa investigación a Begoña Gómez, transcendeu que o xuíz Peinado imputou a Juan José Güemes, directivo do Instituto de Empresa, porque unha testemuña dixera que a contratación de Gómez fora por ser muller do presidente. Pero esa testemuña, directora de recursos humanos do Instituto de Empresa nunca explicou a razón da contratación e só dixo que o preparou o contrato porque llo pediu Güemes
Multa para os avogados por parte de Peinado
Por outro lado, Peinado aproveitou a dilixencia deste venres para abrir unha peza separada de carácter disciplinario para multar varios avogados por facer declaracións á prensa á saída das declaracións.
Dirixiuse contra o avogado de Gómez, o exministro socialista Antonio Camacho e os avogados das acusacións populares que exercen Vox e Hazte Oír, Marta Castro e Javier María Pérez-Roldán, respectivamente.
Cabe lembrar que Peinado investiga a Gómez por presuntos delitos de tráfico de influencias, corrupción nos negocios, apropiación indebida e instrusismo profesional. A muller de Sánchez negou todas as acusacións vertidas na súa contra o pasado mércores, a primeira vez que optou por non acollerse ao seu dereito para gardar silencio.