Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Vilaboa pode visitarse un belén de gancho con 140 figuras

En Vilaboa pode visitarse un belén de gancho con 140 figuras

Un grupo de mulleres aproveita as súas clases de punto para crear un orixinal belén  

Belén de gancho en Vilaboa
G24.gal 20/12/2024 20:20 Última actualización 20/12/2024 20:47

María e Xosé, Gaspar ou Baltasar cos camelos. Son só algunhas das 140 figuras que forman parte do orixinal belén de gancho de Vilaboa, no que non falta detalle.

Unhas vinte mulleres da localidade investiron centos de horas na súa confección. Fixérono nas súas clases semanais de calceta e de gancho, aínda que levaron parte do traballo á casa.

Segundo Manuela Dios, unha das profesoras, a elaboración das figuras é moi laboriosa, sobre todo a das pezas máis pequenas. Rosa Gómez, que tamén participou na creación do belén contou que tiveron as súas propias ideas pero que tamén buscaron axuda na Internet.

Están moi contentas co resultado e xa pensan no Nadal do próximo ano porque a súa intención é ir completando con máis figuras o belén.

Esta actividade non só mellorou a súa técnica de gancho senón que tamén xerou lazos entre elas. Levan sete anos xuntas e as clases tamén se converten nun punto de encontro e de experiencias compartidas con mulleres doutras parroquias.

Estas mesmas mulleres implicáronse tamén na creación dos adornos naturais polos que apostaron este Nadal os veciños de Santa Cristina de Cobres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade