Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha familia de Ribadavia elabora un belén artesanal de 15 metros cadrados

Unha familia de Ribadavia elabora un belén artesanal de 15 metros cadrados

Recrean no garaxe da súa vivenda de Ventosela unha extensa poboación, chea de detalles, na que non faltan alusións ás tradicións do Ribeiro

G24.gal 15/12/2024 20:34 Última actualización 15/12/2024 20:48

O de Ventosela é un belén clásico, co seu nacemento, o castelo de Herodes e os Reis Magos descendendo nos camelos en dirección ao pesebre. Pero, cando imos ao detalle, descubrimos pequenos anacronismos, intencionados, que nos achegan a unha realidade máis próxima.

"Un lagar, unha prensa, un alambique, uns señores facendo barrís, unhas costureiras, taberna, peixería...", explica José María Fernández, un dos artífices do belén.

Levan xa máis de vinte anos con esta afección, elaborando eles mesmos as pezas que ían necesitando en cada momento.

"Empezamos a facelas con cortizas e despois foron evolucionando a madeira, táboas, ata que descubrimos o polistireno e agora, con iso, facemos virguerías", conta José María.

A súa nai é quen deseña, a parte artística, e José María, informático de profesión, quen busca as solucións técnicas. A última incorporación foi a impresión en 3D, coa que elaboran figuras e obxectos que despois teñen que vestir e pintar. E o próximo paso xa está en marcha tamén.

"Un escáner 3D, para escanear as persoas que queiran e incorporalas despois ao belén", anuncia o autor.

Cada ano, móntano de novo, redeseñando a composición para sorprender os visitantes, que cada vez son máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos