Os salóns de peiteado afrontan un dos meses de máis traballo do ano
Os salóns de peiteado afrontan un dos meses de máis traballo do ano
As comidas e ceas de empresas aumentan as reservas nos centros de peiteado e de estética
"Hoxe temos unha comida da empresa, entón temos que ir un pouco distintas. Distinta maquillaxe, peiteado, cambiar un pouquiño do normal", afirma unha muller.
"Renovar algo".
"Vin hoxe porque teño unha comida cun cura", di unha nena.
Clientela de todas as idades busca mellorar a imaxe, nestes días. Os compromisos e as celebracións multiplican as visitas aos centros de peiteado, semanas antes das festas do Nadal.
Neste de Valga, aseguran que desde mediados de novembro aumentaron o traballo debido as comidas de empresa.
"A verdade é que case un corenta por cento máis porque a xente ten ceas de empresa de amigos, nestas datas a xente intenta arranxarse un pouco máis", di a maquilladora, Andrea Río.
"Cos anos que levo aquí, dígoche que estou máis contenta porque as fins de ano antes eran tremendas, de saír de aquí case á hora das badaladas. Agora traballamos ben todo o mes e a fin de ano tamén nos dá tempo de tomar unha copiña", explica a dona do salón de peiteado, Milagros Gago.
Neste establecemento contan cunha axenda de clientes habituais. Aseguran que o gasto medio rolda os 200 euros no mes de decembro.
"Peiteado, maquillaxe, arregar unllas. A semana anterior xa traballas para facer a cor, mechas dirá cento e pico de euros, douscentos", di.
Sexa un gasto ou investimento, enfeitarse para a cea de empresa ten un custo.