Publicador de contidos
Publicador de contidos

O invento dun neno deriva na fabricación dun produto sostible en Pontevedra

O invento dun neno deriva na fabricación dun produto sostible en Pontevedra

O antes neno e agora emprendedor fai taboleiros con cascas de arroz

A empresa aspira a ser un referente europeo en economía circular

G24.gal 14/12/2024 14:33 Última actualización 14/12/2024 15:06

David Camba mostra con fotografías o seu paso de neno inventor, no garaxe da súa casa, a director da empresa que levantou en Pontevedra para fabricar o seu invento: taboleiros feitos de cascas do arroz.

"España é o segundo produtor de arroz da Unión Europa, o que xera moitas toneladas de desperdicios, e ademais esa materia prima achégalle ao taboleiro unhas cualidades mellores que as dos taboleiros procedentes da madeira", explica o director xeral de Birdmind, David Camba.

O produto logrado evita a deforestación e é 100 % reciclado e reciclable.

"Non consumimos nin unha gota de auga na súa produción, ten unha pegada de carbono negativa e é un taboleiro hidrófugo e ignífugo", explica o director de produción da fábrica, Felipe Villaverde.

Como outros taboleiros, pódese empregar na edificación, na fabricación de mobiliario, na decoración... A empresa, que ten dez traballadores, xa foi contactada por firmas e distribuidores de varios países e empezou a atender os primeiros pedidos.

Ao tempo, David e o seu equipo seguen investigando na fabricación de taboleiros con outros refugallos agrícolas, como cascas de pipas ou de chícharos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade