Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha enfermeira pon a voz nun vídeo musical co que o persoal do CHUO felicita o Nadal

Unha enfermeira pon a voz nun vídeo musical co que o persoal do CHUO felicita o Nadal

A inicativa comezou hai tres anos cunha versión da popular canción navideña de Mariah Carey, como alcuman xa á enfermeira e cantante Maite López

O vídeo leva xa oitenta mil reproducións e nel traballaron ducias de persoas, entre persoal sanitario, auxiliar e os propios doentes

G24.gal 20/12/2024 20:43

Aos teclados unha traballadora da limpeza, na guitarra unha administrativa, un membro de seguridade co baixo, a batería nas mans dun celador e a voz é de Maite López, enfermeira do banco de sangue a que xa bauitzaron como a Mariah Carey do Chuo.  "Ë unha honra para min  que me consideren así, a verdade", confesa Maite.

O alcume vén de hai tres anos, cando comezou esta iniciativa tan musical.

"O primeiro ano versionamos en castelán o 'All i want for Christmas is You', de Mariah Carey. Despois o 'Feliz Navidad' de José Feliciano, en galego. E este ano cantamos o 'Jingle Bell Rock", di Maite López.

Un mes traballou Maite na versión da canción e a gravación levouse a cabo nunha soa mañá. Ducias de persoas participaron no videoclip, con doentes incluídos. "Aos médicos non lles fai moita graza...", dí un doente que participou na gravación.

A vocación artística desta enfermeira xa vén de nena, e demostrouno en varios programas da TVG. O vídeo leva xa oitenta mil reproducións. Pero a súa voz soa tamén en vivo e en directo cantando as panxoliñas que estas datas enchen o hospital, para facer máis levadeiras as festas do Nadal.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos