Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprazado ata febreiro o xuízo por maltrato contra o mozo de Nerea Añel

Aprazado ata febreiro o xuízo por maltrato contra o mozo de Nerea Añel

Julio González, parella da asasinada, xa foi acusado do homicidio por omisión de Nerea Añel

O xuízo foi adiado ata o vindeiro 13 de febreiro de 2025

Julio González, acusado do homicidio por omisión de Nerea Añel
G24.gal 11/12/2024 18:49

O culpable polo homicidio de Nerea Añel, Julio González, enfrontábase este mércores a un novo xuízo penal polos presuntos malos tratos aos que sometía a moza. O presunto culpable comparecía por videochamada desde o cárcere onde se atopa por outros delitos.

Con todo, o proceso aprazouse ata o vindeiro mes de febreiro pola ausencia de catro das seis testemuñas. Segundo a avogada da acusación particular, Karen Daniela Abad, son testemuñas fundamentais das presuntas agresións das que foi vítima Nerea e que saíron á luz durante a instrución polo seu homicidio.

O escrito do recolle que Nerea recibiu unha forte labazada na cara no verán de 2019, durante unha discusión no barrio ourensán de Covadonga. Tamén engade cabezadas no nariz e na boca que provocaran que Nerea se golpeara contra unha porta e caera ao chan.

Por estes delitos, o ministerio fiscal pide dous anos de prisión, mentres que a acusación particular eleva a pena a sete. "Solicitamos catro anos, un por cada delito de lesión, e tres anos máis por un delito de maltrato", engade a avogada da nai de Nerea Añel.

A defensa do acusado pide a libre absolución. Alega que non existe un parte de lesións co que se poida culpar a Julio González.

O corpo de Nerea Añel apareceu tras oito meses desaparecida a carón dun regato en Barbadás, en setembro de 2020. O xurado popular considerou culpable da súa morte a González. Segundo a sentenza, estaba con ela cando caeu e non lle prestou axuda para evitar o seu falecemento.

Foi condenado a dez anos de prisión por delito de homicidio por omisión. Con todo, a sentenza non é firme e sairá de prisión en abril de 2025. Fiscalía e acusación particular solicitaron prisión provisional por risco de fuga, pero foi denegada. Xa se presentou recurso contra esta decisión.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade