Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete persoas hospitalizadas por inhalación de fume nun incendio en Mieres, Asturias

Sete persoas hospitalizadas por inhalación de fume nun incendio en Mieres, Asturias

A muller con prognóstico reservado tivo que ser evacuada polos bombeiros, tiña movilidade reducida

Imaxe do incendio de Mieres esta madrugada,. FOTO de La Nueva España Imaxe do incendio de Mieres esta madrugada,. FOTO de La Nueva España
G24.gal 14/12/2024 10:43

Contras as tres da madrugada declarouse un incendio no primeiro andar dun inmoble de Mieres, Asturias. A causa da inhalación de fume, sete persoas  tiveron que ser ingresado , segundo informa o Servizo de Emerxencias do Principado.
Unha das persoas intoxicadas, unha muller con prognóstico reservado, foi trasladada ao Hospital Universitario Central de Asturias e as outras seis, en estado leve, ao Álvarez Buylla do municipio mierense,

Unha chamada ás 3:09 horas alertou do suceso, ocorrido na rúa Alfonso Camín, onde se vía arder o primeiro piso dun dos edifícios. Ata o lugar trasladouse un equipo de doce efectivos de bombeiros, que rescataron dun cuarto piso a unha muller con mobilidade reducida,  e que foi atendida polos servizos sanitarios tras ser evacuada.

Os bombeiros centráronse á súa chegada en extinguir as chamas do primeiro piso, que xeraron fume afectando á escaleira do inmoble, cunha liña de auga. Mentres atacaban o lume, os efectivos pediron aos veciños do resto de pisos que agardasen, protexidos nas súas casas, na zona do inmoble que daba á rúa contraria de onde se iniciara o incendio.

Unha vez extinguido o lume ventilaron a escaleira para permitir a saída dos residentes sen perigo. Os bombeiros ademais de extinguir e ventilar o inmoble, desescombraron o piso incendiado, dando por finalizada a intervención á súa chegada a base, ás 6:15 horas. Ao longo da mañá deste sábado regresarán para revisar o edificio completo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar