A presidenta do CXPX defende os xuíces ante as críticas do Goberno
A presidenta do CXPX defende os xuíces ante as críticas do Goberno
Isabel Perelló, presidenta do Poder Xudicial, lembra que a independencia xudicial constitúe un dos piares básicos do Estado
Víctor de Aldama declarará no Supremo o luns, o martes será Koldo García, e Begoña Gómez comparecerá ante o xuíz Peinado o mércores. Casos xudiciais que espertaron as críticas do Goberno cara os maxistrados. Esta mañá a presidenta do Consello Xeral do Poder Xudicial, Isabel Perelló, saiu en defensa dos xuíces.
Fíxoo nun comunicado en que non se cita o Goberno. Pero Isabel Perelló, presidenta do Poder Xudicial, lembra que a independencia xudicial constitúe un dos piares básicos do Estado. Sinala que o labor dos xuíces si pode ser criticado, pero non de forma xeneralizada. E atribuír -continúa Perello- nesgos políticos aos integrantes da maxistratura pode limitar a confianza dos cidadáns na xustiza e pode causar un grave dano institucional.