O CXPX elixe o conservador Berberoff por unanimidade vicepresidente do Supremo
O CXPX elixe o conservador Berberoff por unanimidade vicepresidente do Supremo
Dimitry Berberoff era o único candidato proposto por Isabel Perelló, presidenta do Consello Xeral do Poder Xudicial
O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) elixiu este mércores por unanimidade o maxistrado Dimitry Berberoff como vicepresidente do Tribunal Supremo e aprobou a composición das súas trece comisións internas tras un acordo entre progresistas e conservadores.
Fontes do órgano de goberno dos xuíces informan de que a elección de Berberoff, considerado de carácter conservador, como número 2 do alto tribunal, que era o único candidato proposto pola presidenta Isabel Perelló, fíxose por asentimento, sen necesidade de votación.
Ademais, o Pleno aprobou a composición das 13 comisións internas tras o pacto alcanzado entre progresistas e conservadores.
Berberoff, nado en 1969 é maxistrado do Supremo desde 2018, onde traballo na sala terceira do Contenciosos-Administrativo, levando principalmente temas de carácter económico e fiscal.
É licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza. Entre 2007 e 2010 foi letrado do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Na actualidade é membro da Rede de Expertos en Dereito da Unión Europea do CXPX, profesor da Universidade Internacional de Cataluña e no CSE Cisneros da Universidade Complutense.
Amais, o que será número dous do Tribunal Supremo foi vicepresidente da Asociación Profesional da Maxistratura (APM), maioritaria na carreira xudicial e de carácter conservador.