A Conferencia de presidentes remata sen acordos concretos
A Conferencia de presidentes remata sen acordos concretos
O presidente do Goberno reunirá en xaneiro as comunidades para impulsar a condonación da débeda
Remata sen acordos concretos a Conferencia de Presidentes celebrada este venres en Santander.
O primeiro encontro en case tres anos de Pedro Sánchez con todos os mandatarios autonómicos comezaba cun almorzo co rei.
Despois, cinco horas de intervencións, que arrancaba o presidente do Goberno con varios anuncios.
En xaneiro reunirá as comunidades para impulsar a condonación de débeda, blindarán as vivendas públicas e transferirán 223 millóns ás comunidades para que poñan en marcha solucións sanitarias baseadas na intelixencia artificial.
Alfonso Rueda cre que Pedro Sánchez convocou a Conferencia de Presidentes porque estaba obrigado e sae coa sensación de que non ten máis vontade respecto ao financiamento que falar da condonación da débeda porque lle interesa a Cataluña.
O presidente da Xunta di que non tivo resposta a varias peticións que levaba: planificar a acollida de migrantes, porque Galicia, asegura, non ten máis capacidade; como se vai solucionar a falta de médicos, que vai pasar cos mutualistas de Muface e que o Goberno ceda solo para construír vivendas.
Rueda lamenta que o Goberno non lles trasladara antes a proposta de que as comunidades cedan parte dos fondos europeos que lles corresponden para axudar os afectados pola DINA para poder estudala. Insiste en que o formato da reunión fixo difícil chegar a acordos.