Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Conferencia de Presidentes celebrarase o 13 de decembro en Santander

A Conferencia de Presidentes celebrarase o 13 de decembro en Santander

O xefe do Executivo, Pedro Sánchez, abordará cos mandatarios autonómicos o financiamento autonómico, a inmigración, a sanidade e a vivenda

Rueda espera que sexa útil e que se poida chegar a acordos

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, unha foto de arquivo./Fotografía: Alejandro Martínez Vélez  Europa Press O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, unha foto de arquivo./Fotografía: Alejandro Martínez Vélez Europa Press
G24.gal 18/11/2024 09:30 Última actualización 18/11/2024 13:46

O propio ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, convocou os presidentes autonómicos o pasado 28 de outubro á reunión preparatoria desta Conferencia de Presidentes, que ratificou a Cantabria como sede aínda que non estableceu unha data exacta para a súa celebración, aínda que o Goberno xa trasladara que se desenvolvería a principios do mes de decembro.

Agora, o Goberno decidiu convocala para o venres 13 de decembro e celebrarase na cidade de Santander, en Cantabria. O xefe do Executivo, Pedro Sánchez, abordará cos mandatarios autonómicos o financiamento autonómico, a inmigración, a sanidade e a vivenda.

Tras o comité preparatorio, Torres anunciou que a orde do día da Conferencia de Presidentes incluirá o financiamento autonómico, a inmigración e a sanidade, como estaban a reclamar as comunidades do PP, ademais do problema da vivenda, a pedimento do Goberno.

Rueda espera que sexa útil e que se poida chegar a acordos

Alfonso Rueda era un dos presidentes que levaba meses reclamándolle a Pedro Sánchez que convocara a Conferencia de Presidentes. O titular do Executivo galego dixo que espera que sirva para pactar un modelo de financiamento que beneficie a Galicia, e reclamar os compromisos que ten o Goberno para rematar infraestruturas pendentes.

Tras a conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda destacou que vai pedir unha política coordinada en materia de migración e o empeño en impulsar políticas de vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade