O presidente de Canarias pídelle a Pedro Sánchez un tratamento singular para a comunidade autónoma en materia migratoria

Fernando Clavijo critica o PP por romper as negociacións para a repartición de 6.000 menores que chegaron sós ás illas
O presidente canario levou á Moncloa a crise migratoria como asunto prioritario. Fernando Clavijo pediulle a Sánchez un tratamento singular para a comunidade.
"Deixeille claro que o Goberno de España non pode estar ausente do drama migratorio que se vive nas illas", dixo.
Crítico co Goberno, pero tamén co Partido Popular por romper as negociacións para a repartición de 6.000 menores que chegaron sós ás illas, Clavijo instou a ambos a retomaren o diálogo.
Ángel Víctor Torres, o ministro de Política Territorial, respondeulle: "Quen ten que decidir se regresa á mesa de negociación é quen se levantou dela. A vontade do Goberno é que regresen".
Tamén pasaron pola Moncloa os presidentes de Navarra e de Aragón. A socialista María Chivite pediulle a Sánchez poder utilizar o superávit da comunidade en 2025. Jorge Azcón, do Partido Popular, denunciou ante o presidente que o Goberno rebaixe o financiamento de Aragón mentres, di, privilexia a Cataluña.