Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bolaños, sobre o caso Koldo: "Que se investigue, e quen teña que pagar, que pague"

Bolaños, sobre o caso Koldo: "Que se investigue, e quen teña que pagar, que pague"

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, este venres en Luxemburgo (TVG).
G24.gal 11/10/2024 09:29

O ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Felix Bolaños, afirmou este venres que o Goberno quere "que se investigue, e quen teña que pagar, que pague" no chamado caso Koldo.

"O que queremos é que se investigue, e quen teña que pagar, que pague", dixo á prensa Bolaños á súa chegada ao Consello de Xustiza da UE en Luxemburgo, cando lle preguntaron polo informe da Unidade Central Operativa da Garda Civil (UCO) sobre este caso que afecta o exministro de Transportes, José Luis Ábalos, entre outros.

Sobre a polémica viaxe da vicepresidenta venezolana, Delcy García, en xaneiro de 2020, que tamén cita o informe da UCO, Bolaños respondeu que "a dereita leva dez anos tentando ensuciar o nome do presidente do Goberno, non ían facer unha excepción con isto".

A UCO recolle no seu informe sobre o exministro Ábalos un "pantallazo" dunha mensaxe en que informaba o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de que a vicepresidenta venezolana, Delcy Rodríguez, quería reunirse con el "discretamente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade