Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un matrimonio de Ponferrada tras estrelarse unha avioneta en Cimanes del Tejar

Falece un matrimonio de Ponferrada tras estrelarse unha avioneta en Cimanes del Tejar

Tras localizar o vehículo nunha zona de monte, os servizos de emerxencias só puideron confirmar a morte de ambos os dous ocupantes

Perderan o contacto co Servizo de Busca e Rescate Aéreo a unhas 15 millas de León ás 14:38 horas deste venres

Imaxe de arquivo dun helicóptero de Protección Civil / 112 Imaxe de arquivo dun helicóptero de Protección Civil / 112
G24.gal 22/11/2024 18:56

Un matrimonio de Ponferrada faleceu tras estrelarse unha avioneta nunha zona de monte no concello leonés de Cimanes de Tejar, segundo informou o 112 de Castela e León.

O Servizo de Busca e Rescate Aéreo (SAR) do Exército do Aire comunicaba sobre as 14:38 horas deste venres á sala de operacións do 122 que se perdeu o contacto cunha avioneta, con dúas persoas a bordo, a unhas quince millas da capital leonesa e indicaba que se trataba dun voo local con engalaxe e aterraxe no aeródromo de León.

O centro de emerxencias 112 deu aviso de inmediato á Garda Civil, aos bombeiros, á Unidade Militar de Emerxencias, á Policía Local de Valverde de la Virgen, a Medio Ambiente de León, á Cruz Vermella e aos servizos sanitarios, de forma preventiva.

O Centro Coordinador de Emerxencias enviou a última coordenada coñecida da avioneta ao helicóptero de rescate da Junta, que coordinou os labores operativos de procura na zona. Pola súa parte, a Garda Civil enviou outro helicóptero, mentres que o SAR mandou outro máis e activou un avión de coordinación de medios aéreos.

Durante o rastrexo realizado na zona, a Garda Civil localizou a avioneta sinistrada e os organismos de emerxencias confirmaron o falecemento dos seus ocupantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade