Publicador de contidos
Publicador de contidos

Expertos en xeotecnia inspeccionan o desprendemento na autoestrada entre León e Asturias

Expertos en xeotecnia inspeccionan o desprendemento na autoestrada entre León e Asturias

Este luns conseguiron abrir un carril, e nas últimas horas confirmaron con cans en con cámaras térmicas que non hai ningún vehículo sepultado

G24.gal 11/11/2024 14:11

Transcorridas xa 24 horas desde o desprendemento na AP-66, hoxe a media mañá conseguían abrir un carril que permite o paso da maquinaria coa intención de axilizar os traballos.

Cans adestrados da Garda Civil e drons con cámaras térmicas volveron inspeccionar a zona e semella que se confirma que o corremento de terras non sepultou ningún vehículo, malia que pola zona circulan diariamente máis de 6.000 turismos e uns 1.200 vehículos pesados que agora teñen que circular pola N-630 para atravesar o porto de Pajares.

O desprendemento produciuse onte domingo preto das dez e cuarto da mañá no quilómetro 76, á altura do concello de Lena.

O Ministerio de Transportes e Mobilidade anunciou que a zona vai ser revisada por expertos en xeoloxía e xeotecnia para analizar a mellor solución que permita restablecer a normalidade dun xeito rápido e seguro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade