Publicador de contidos
Publicador de contidos

O corredor entre Brión e Noia converterase en autovía tras aprobar a Xunta o seu desdobramento

O corredor entre Brión e Noia converterase en autovía tras aprobar a Xunta o seu desdobramento

Terá un investimento de 29 millóns de euros e di o presidente, Alfonso Rueda, que facilitará as comunicacións na zona

O Consello da Xunta aprobou tamén a creación da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, co obxetivo de duplicar o número de vivendas de promoción pública ata 2028

G24.gal 11/11/2024 11:56 Última actualización 11/11/2024 20:32

O desdobramento da vía de altas prestacións entre Brión e Noia é unha vella demanda dos veciños da comarca do Barbanza. Son 18 quilómetros de percorrido que se acomenterán en dúas fases. O Consello da Xunta aprobou o proxecto da primeira fase desta transformación, cun orzamento de 29 millóns de euros.

Unha mellora nas infraestruturas viarias de Noia que se completará cun novo centro de saúde e punto de atención continuada. Prestará servizo sanitario a uns 32.000 habitantes e permitirá dotar de máis persoal e novos servizos a comarca.  O Concello xa puxo á disposición os terreos onde se situará a nova infraestrutura, que se comezará a construír en 2026 cun investimento previsto de 10 millóns de euros.

Nesta primeira reunión do Consello da Xunta que se celebra nunha vila de tamaño medio, o Goberno galego tamén deu luz verde a outros investimentos na zona. É o caso do peirao de Portosín, cunha licitación de obras de máis de 2,4 millóns de euros. E a mellora dun total de 62 paradas de autobús en 10 concellos do Barbanza.

Sociedade de Vivenda Pública

O Consello da Xunta aprobou tamén a creación da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, que nace como una escisión de Xestur e que agora se dedicará en exclusiva ao solo industrial. Será unha sociedade que se ocupará do solo residencial para avanzar no compromiso de duplicar o número de vivendas de promoción pública ata 2028.

Cribado neonatal

A petición da consellería de Sanidade, o Consello da Xunta aprobou incorporar esta semana tres novas enfermidades ao cribado neonatal que permitirá detectar ata 37 enfermidades conxénitas nos acabados de nacer. 

O ministerio de Sanidade establece unha serie de cribados obrigatorios que son menos da terceira parte dos que se efectúan en Galicia.

As tres novas enfermidades que se incorporan son: unha doenza xenética que provoca déficits neuropsiquiátricos e deficiencia suprarrenal, unha das chamadas "raras" que pode provocar unha discapacidade intelectual grave, sen tratamento provoca a morte na primeira década de vida, e a terceira é a enfermidade de Pompe, que sen tratamento provoca a morte o paciente no primeiro ano de vida.

Centros de Información á Muller

A Xunta contará en 2025 cun novo plan integral de renovación e impulso dos Centros de Información á Muller que estará dotado de 6,5 millóns de euros, un 30,6% máis que o montante dedicado a estas instalacións en 2024.

O presidente galego, Alfonso Rueda, reivindicou, que, o aprobado no Consello da Xunta deste luns, será "o maior investimento da historia" desta rede conformada por 84 centros que dá cobertura a case 200 concellos e que suma máis de 16.700 usuarios ao ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade