Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Black Friday tamén chega a Renfe, con billetes do AVE desde os 7 euros

O Black Friday tamén chega a Renfe, con billetes do AVE desde os 7 euros

A oferta permite escoller diferentes destinos como Madrid, Valencia ou Andalucía

No caso de Galicia Renfe di que haberá descontos nalgunhas viaxes coa meseta, e queda excluído o Eixo Atlántico

G24.gal 22/11/2024 14:23

Desde de hoxe, Renfe ofrece billetes desde os 7 euros nos Avlo, a súa marca low cost, e a partir dos 14 nos AVE entre Madrid, Valencia e o norte de España. 

Polo momento, Galicia non goza das ofertas desta campaña promocional. Aínda que hai días en que os prezos baixan entre os 20 e os 30 euros no traxecto ata Madrid,  os billetes están lonxe dos 14 euros que anuncia Renfe para o seu Black Friday. 

Tampouco hai billetes promocionais nos trens de media distancia en Galicia,  por exemplo no traxecto entre Vigo e A Coruña a partir do oito de xaneiro, a data en que comeza a aplicarse a promoción, mantéñense os prezos habituais.

Segundo Renfe, Galicia gozará de descontos nalgunhas viaxes e horarios determinados. Os billetes coas ofertas poden comprarse ata o próximo 1 de decembro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade