A Garda Civil implanta o teléfono 060 para citas previas de Intervención de Armas e Explosivos
A Garda Civil implanta o teléfono 060 para citas previas de Intervención de Armas e Explosivos
Un sistema que será o único habilitado para estes trámites para partir do 25 de novembro, no caso da Comandancia da Coruña, e a partir do 26 de novembro no caso das Comandancias de Lugo, Ourense e Pontevedra
A Garda Civil implanta o teléfono 060 para pedir citas previas relacionadas con trámites de Intervención de Armas e Explosivos, un sistema que será o único habilitado para estes trámites para partir do 25 de novembro, no caso da Comandancia da Coruña, e a partir do 26 de novembro no caso das Comandancias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
Este cambio permitirá unificar e simplificar o proceso, mellorando a atención aos cidadáns. Así, os interesados deben chamar a este número e dicir que trámite desexan facer (renovación de licenza de armas, revisión de armas, presentación de documentación etc.)/ etc.). A continuación, debe aclarar se desexa solicitar, consultar ou anular unha cita; logo facilitar o seu DNI e, no seguinte paso, achegar o seu código postal.
Se o servizo está dispoñible na provincia, o sistema continuará cos pasos seguintes, en caso contrario redirixirase á web de Internet en que poderá pedir cita (https://ssweb.seap.minhap.es/icpplus/citar?org=GC ). Tras facilitar o código postal, o solicitante deberá elixir o servizo de Intervención de Armas e Explosivos no que quere a cita e logo seleccionar o día e a hora, facilitar un teléfono de contacto e o seu ano de nacemento. Nese momento facilítaselle o indentificador da cita e poderá recibir, se o pide, un SMS de confirmación.