Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atraco frustrado a un caixeiro en Cangas: deteñen dous homes e outro logra fuxir

Atraco frustrado a un caixeiro en Cangas: deteñen dous homes e outro logra fuxir

Foron pillados na allada cando rompían un caixeiro da oficina do Hío, en Cangas

Non chegaron a levar os cartos. Alguén chamou ao 112 e chegaron a Policía de Cangas e a Garda Civil.

Os tres ladróns roubaran a furgoneta e ían coa cara tapada

G24.gal 31/03/2025 13:44

Na zona de Cangas, buscan un ladrón que fuxiu da Garda Civil cando foi pillado na allada tratando de roubar os cartos dun caixeiro automático nun banco. Outros dous homes que participaron no roubo frustrado si foron detidos, e pasaron a disposición xudicial.

Chegaron ao caixeiro do Hío, en Cangas, encapuchados e nunha furgoneta roubada que estacionaron xusto na porta da oficina para sacar os cartos facilmente. Non lles deu tempo. Dous foron detidos, un estaba dentro do banco, outro dentro da furgoneta, listo para arrancala e fuxir, e outro logrou escapar. Os tres ían encapuchados. 

Estragaron o caixeiro, pero non lograron levar nada. O mesmo pasaba hai un par de anos, tamén este caixeiro do Hío, en Cangas, fora rebentado polos atracadores; tampouco naquela ocasión lograran roubar os cartos. Non levaron nada.

Os detidos ata o momento son dous homes de Vigo, de 31 e 53 anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade