Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o responsable dun local de Sada ao que se lle comisou cocaína, haxix e marihuana

Detido o responsable dun local de Sada ao que se lle comisou cocaína, haxix e marihuana

Durante a inspección do establecemento, en que participaron efectivos de diferentes unidades da Garda Civil da Coruña, localizáronse diferentes substancias estupefacientes ocultas nunha caixa da zona de música

G24.gal 01/04/2025 09:56 Última actualización 01/04/2025 10:17

A Garda Civil detivo o responsable dun establecemento de Sada como presunto autor dun delito contra a saúde pública despois de que se lle incautase cocaína, haxix e marihuana.

Segundo informou o Instituto Armado, o arresto produciuse durante unha operación levada a cabo no marco do Plan operativo de resposta policial ao consumo e tráfico retallista de drogas en locais de lecer.

Durante a inspección do establecemento, na que participaron efectivos de diferentes unidades da Garda Civil da Coruña, localizáronse diferentes substancias estupefacientes ocultas nunha caixa da zona de música.

En concreto, 64 gramos de suposta cocaína, 20 gramos de suposto haxix e menos dun gramo de suposta marihuana. Tras a análise do incautado procedeuse á detención do home, que conta con antecedentes policiais relacionados con infraccións administrativas, incluíndo unha por tenencia de substancias estupefacientes en lugar público.

As substancias foron remitidas a Sanidade Exterior da Coruña para a súa análise. A Garda Civil instruíu as dilixencias correspondentes, que foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 4 de Betanzos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade