Publicador de contidos

Publicador de contidos

Violento asalto nocturno á igrexa da Agualada, en Coristanco

Violento asalto nocturno á igrexa da Agualada, en Coristanco

Rebentaron a porta principal do templo, probablemente utilizando un coche que roubaran nun taller de Coristanco

Imaxe deste martes da igrexa da Agualada, Coristanco, coa parte inferior da porta remendada tras a acción dos asaltantes
G24.gal 01/04/2025 14:12

A Garda Civil investiga as circunstancias do que é o segundo roubo a unha igrexa da Bergantiños en menos dunha semana, a da Agualada, no concello de Coristanco.

Foi na noite do domingo ao luns, e quen o fixeron empregáronse con violencia para entrar. É o panorama que encontraron á mañá os veciños e o párroco: a porta rachada e a tranca rebentada na súa suxeición á pedra, e no interior, todo revolto.

O copárroco da Agualada, Santiago Cotelo, explica que entre o material que levaron está a cruz parroquial que, á marxe do valor artístico, ten un valor relixioso moi grande.

Tamén levaron o deshumidificador e os cartos que había nos lampadarios automáticos. O inventario do roubado podería ser maior, segundo explican os dous curas desta parroquia, que levan á súa fronte pouco tempo.

Os párrocos da contorna de Coristanco piden vixilancia e seguridade despois dos outros dous roubos nas igrexas de Arxeriz e de Entrecruces.

O asalto á igrexa da Agualada sucede ademais cando están rematando os traballos de reparación da igrexa cun presuposto de máis de cen mil euros, custeado con doazóns.

Canto ás pescudas, a Garda Civil indaga se no roubo se empregou un coche que roubaron nun taller de Coristanco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade