Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco detidos en Teruel e aprehendidos 26 quilos de cocaína en seis cadeiras de montar

Cinco detidos en Teruel e aprehendidos 26 quilos de cocaína en seis cadeiras de montar

A droga estaba mesturada cunha fibra especial para o que recheo das cadeiras que dificultaba a súa detección

O valor da cocaína no mercado ascende a uns 600.000 euros

As cadeiras de montar coa droga localizáronas no aeroporto de El Prat, en Barcelona

G24.gal 30/03/2025 13:03 Última actualización 30/03/2025 14:47

A Garda Civil incáutase 26 quilogramos de cocaína ocultos no recheo de seis cadeiras de montar. Foi, no marco da operación Equitem, que culminou coa detención de cinco persoas en Alcañiz e Valdealgorfa, na provincia de Teruel.

A droga estaba mesturada cunha fibra especial para dificultar a súa detección e que servía para facer o recheo das cadeiras. No mercado, o valor da droga ascende a uns  600.000 euros,

A investigación, informa a Benemérita, iniciouse en novembro de 2024, cando se interceptaron varios paquetes de cocaína procedentes da cidade colombiana de Medellín  con destino ás localidades turolenses de Alcañiz e Valdealgorfa.

As pescudas conduciron os axentes ata o aeroporto de El Prat, en Barcelona, onde localizaron dous envíos coas cadeiras de montar que contiñan a droga no seu interior.

Os responsables do envío utilizaban un método sofisticado de ocultación, no que a cocaína era tratada quimicamente para integrarse no recheo das cadeiras. Unha vez recibidas, a droga era extraída mediante procesos químicos e preparada para a súa distribución no mercado ilícito.

Os arrestados son todos de nacionalidade española. Os detidos e as dilixencias instruídas, xa están a disposición do Xulgado de Instrución nº 2 de Alcañiz, que decretou o seu ingreso en prisión.

As actuacións realizounas o Equipo de Delincuencia Organizada e Antidrogas( EDOA) da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Teruel e o Equipo ROCA da Compañía de Alcañiz. Estes equipos deron por desarticulado o grupo criminal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade