Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda avoga por que a Conferencia de Presidentes aborde o financiamento autonómico "sen cotas nin acordos bilateriais"

Rueda avoga por que a Conferencia de Presidentes aborde o financiamento autonómico "sen cotas nin acordos bilateriais"

O Consello da Xunta de Galicia aproba destinar preto de 6 M€ a previr e paliar os danos causados por lobos, xabarís e osos en explotacións agrícolas e gandeiras

O Executivo galego dá o visto e prace para o pago do 90 % das axudas directas da PAC, 99,3 M€, que quedaban por aboar despois das adiantadas no mes de outubro

EFE / Xoán Rey
G24.gal 09/12/2024 08:48 Última actualización 09/12/2024 14:31

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, avoga por que o financiamento autonómico se aborde de xeito "multilateral, sen cotas nin acordos bilaterais" na próxima Conferencia de Presidentes, prevista para o vindeiro 13 de decembro.

"Con iso abondaría", avanzou o xefe do Executivo na conferencia de prensa posterior á xuntanza semanal do Consello da Xunta, que se celebrou este luns en San Caetano.

O Consello da Xunta de Galicia aproba destinar preto de 6 M€ a previr e paliar os danos causados pola fauna silvestre, lobos, xabarís e osos, en explotacións agrícolas e gandeiras.

Noutro acordo, o Executivo galego dá o visto e prace para o pago do 90 % das axudas directas da Política Agraria Común (PAC), 99,3 M€, que quedaban por aboar despois das adiantadas no mes de outubro.

Asemade, o Consello autoriza a contratación das obras de urbanización da area PS-6, onde se situaba a ETEA no barrio vigués de Teis, por un importe de 4,8 M€. O obxectivo é que sexa un lugar multidisciplinar onde os centros de investigación e universitarios compartan espazo con outros servizos como a residencia de maiores que vai financiar e construír a Fundación Amancio Ortega. 

Tamén se aproba a licitación das obras para construír 24 vivendas de promoción pública no barrio de Bertón en Ferrol, por máis de 6,6M€, e destinar 2 M€ o ano que vén impulsar as primeiras zonas de inundación controlada de Galicia co obxectivo de protexer as zonas máis sensibles. As actuacións localizaranse en sete ríos para protexer a poboación de sete localidades Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Bueu, Baiona, Cuntis e Ponteceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos