Publicador de contidos
Publicador de contidos

A infanta Sofía asiste ao seu primeiro acto oficial en solitario

A infanta Sofía asiste ao seu primeiro acto oficial en solitario

Con 17 anos, é seu primeiro acto en solitario

Trátase da primeira edición do certame "Obxectivo Patrimonio.Concurso de Fotografía Infanta Sofía"

A infanta Sofía no acto
G24.gal 13/12/2024 20:13

A infanta Sofía entregou este venres os premios do concurso de fotografía convocado por Patrimonio Nacional que levan o seu nome. Con 17 anos, trátase do seu primeiro acto institucional en solitario.

A presidenta de Patrimonio Nacional, Ana de la Cueva, quixo agradecerlle á infanta o apoio a estes galardóns que se convocan en tres categorías diferentes. Nesta primeira edición, os galardoados foron Antonio Farto Casado en Palacios e mosteiros; Emilie Payn en Espazos naturais; e Teresa Dorado Jiménez na modalidade de Obras de arte.

En palabras de De la Cuvea, este certamen trata de dar "un pequeno estímulo" para que tdos os cidadáns axuden a difundir o patrimonio "que é de todos". Despois da entrega dos galardóns, a infanta visitou a exposición coas fotografías premiadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade