Xogos tradicionais para conmemorar 24 anos da declaración da muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade

Entretementos tan populares como o tiracroios ou a buxaina continúan atraendo nenos e maiores
A chuvia non desanimou os lucenses á hora de se entreter con pasatempos clásicos
A chuvia que de cando en vez caía con forza parecía que ía desanimar a xornada de xogos tradicionais en Lugo, pero foron varios os que se animaron a probalos.
É cuestión de familiarizarse con eles, de habilidade e sobre todo, de enredar e divertirse.
O aro é un dos xogos máis tradicionais, igual que a buxaina, ou os bolos. Lonxe de desaparecer, agora reviven e sobre todo demostran que continúan resultando atractivos.
Non son tan antigos como a muralla de Lugo, pero coma ela causan admiración. A exhibición de xogos antigos súmase aos actos conmemorativos dos 24 anos do recoñecemento do monumento romano coma Patrimonio da Humanidade.