Ribadavia gaña o certame do Nadal Xuntos Brillamos Máis
Ribadavia gaña o certame do Nadal Xuntos Brillamos Máis
A cerimonia de iluminación terá lugar o próximo 12 de decembro
O municipio ourensán de Ribadavia venceu o certame Xuntos Brillamos Máis que cada ano convoca Ferrero Rocher, segundo publicou este luns a web do concurso, despois de que a semana pasada se anunciara que Ribadavia chegara á fase final xunto con Biar, na provincia de Alacant.
A cerimonia de iluminación terá lugar o próximo 12 de decembro e o presentador Jesús Vázquez encargarase de dar a orde para que a decoración do Nadal se estenda por toda a localidade, en lugares tan emblemáticos como o Castelo dos Condes, a Praza Maior ou as rúas do antigo barrio xudeu.
Con esta vitoria, Ribadavia entra na listaxe de vilas que foron o Toque de Ouro, iniciativa impulsada por Ferrero Rocher para promover o Nadal "dourado" nas vilas, e que responde tamén á intensa mobilización dos veciños, a través das redes sociais e outras canles.
Nun comunicado remitido aos medios, o concello galego quixo agradecer a "activa" participación e mobilización de todos os veciños da localidade, que foi "fundamental" para obter o máximo apoio.
“Estou profundamente orgulloso. Como alcalde estou enormemente agradecido a todos os veciños de Ribadavia por todo o traballo, publicacións, toda a mobilización para conseguir que sexamos o pobo que máis brille este Nadal 2024", trasladou o seu rexedor, César Fernández.
Para o alcalde ourensán, gañar este concurso supoñerá un impulso para “ensinar a toda España o fermosa que é Ribadavia, o moito que ten para ofrecer, o noso patrimonio arquitectónico, termal, o noso viño. Pero sobre todo e por encima de todo, o capital humano que temos en Ribadavia: os nosos veciños, que fan do noso concello un lugar único”.
O ano pasado, o Concello de Celanova, tamén ourensán, coouse na final do certame, malia que o vencedor foi La Alberca (Salamanca).
Satisfacción na veciñanza
Con apertas, saltos de alegría e mesmo bágoas da emoción así vivían hoxe o triunfo.
Tamén os turistas ven Ribadavia merecedora deste premio. Mesmo atopamos quen veu de pé feito hoxe para vivir en directo a resolución.
Pensan que é o resultado da campaña de promoción da vila na que se implicou toda a veciñanza.
Ribadavia era a finalista xunto coa localidade alacantina de Biar, e este mediodía despexouse a incógnita.
No comercio pequeno e na hostalería xa pensan en contratar máis empregados.
O xoves, a decoración e a iluminación de Nadal que está xa empezando a instalar a coñecida marca de bombóns que organiza o concurso.