Cargando resultados...
Rueda reúnese cos responsables de Stellantis para estudar os novos plans de innovación
Rueda reúnese cos responsables de Stellantis para estudar os novos plans de innovación
O Presidente da Xunta dixo que o mellor aval da empresa son os seus rexistros históricos de produtividade
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión con Stellantis
G24.gal
11/12/2024 20:15
Última actualización 11/12/2024 20:26
O presidente da Xunta mantivo unha xuntanza cos responsables da planta de Stellantis en Vigo para analizar os novos plans de innovación previstos na factoría.
Alfonso Rueda dixo que o mellor aval da empresa son os seus rexistros históricos de produtividade. A planta é a que máis vehículos produce do grupo en España, o 22 % dos coches fabricados no conxunto do país en 2023.
Dende o ano 2010 a Xunta apoiou a Stellantis Vigo cun investimento de máis de 93 millóns de euros.