Stellantis estuda construir unha placa fotovoltaica na súa terminal de Bouzas, en Vigo
Este proxecto sumaríase ás placas que xa ten na cuberta, coas que produce o 15 % da enerxía que precisa
A factoría de Stellantis en Vigo, a antiga Citröen, quere ser autosuficiente en enerxía e estuda construír unha planta fotovoltaica no porto, na superficie que emprega para o almacenamento dos coches na terminal de Bouzas.
Este proxecto sumaríase ás placas que xa ten na cuberta, coas que xeran o 15 por cento da enerxía que consome a fábrica.
Os 33.000 paneis solares instalados nos tellados da factoría nunha superficie equivalente a 24 campos de fútbol converte este parque fotovoltaico no máis grande de toda España construído sobre cuberta.
Stellantis estuda a instalación de baterías para o almacenamento de excedentes de enerxía renovable como outra das súas actuacións cara á descarbonización. Tamén a construción dunha nova planta fotovoltaica no porto de Vigo, na terminal de Bouzas.
Todo ser perder de vista a competitividade para garantir a viabilidade da factoría.
Estas e outras iniciativas contribuirán a cumprir os obxectivos do grupo de cero emisións de carbono para o 2038.