Un veciño de Outeiro de Rei leva 25 anos elaborando a iluminación de Nadal da súa vivenda
Un veciño de Outeiro de Rei leva 25 anos elaborando a iluminación de Nadal da súa vivenda
Centos de persoas de toda a contorna achéganse cos pequenos para ollar as luces da casa
As luces desta casa da parroquia de Sobrada, en Outeiro de Rei, foron feitas polo seu propio dono.
Pero non só as deste Nadal, posto que Manuel Cobas leva xa un cuarto de século elaborando a man todos os adornos. O artífice destes ornamentos refulxentes asegura que xa polo verán comeza a darlles voltas aos novos deseños.
Manuel Cobas, fai as luces de Nadal da súa casa: "Fomos empezando pouco a pouco, cada ano aumentamos un pouco máis e este ano fixen catro pezas novas e renovei bastantes. E cada vez suma".
O labor de Manuel non pasa inadvertido. De feito, cada ano é maior a cantidade de xente que se achega ata este lugar para admirar a súa obra e sacarlle fotos, especialmente na compaña dos máis pequenos.
Manuel Cobas fai as luces de Nadal da súa casa: "Aí ata as dez, cos nenos, veñen un montón. Moita xente".
Dáse a circunstancia de que da outra beira da estrada hai outra casa que tamén está iluminada con milleiros de luces LED, nunha sorte de competición por ver cal se pode ollar dende máis lonxe.