Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viños e xamóns, entre os produtos 'delicatessen' máis caros para agasallar polo Nadal

Viños e xamóns, entre os produtos 'delicatessen' máis caros para agasallar polo Nadal

As botellas de coñac e de whisky de edicións limitadas están valoradas en miles de euros

Unha botella de whisky dunha edición moi limitada, dun valor incalculable
Félix Aragunde 09/12/2024 20:48 Última actualización 09/12/2024 21:00

As bebidas figuran entre os produtos delicatessen máis demandados para agasallar polo Nadal.

Mercar algunhas delas pode supor tirar a casa pola ventá, como é o caso dunha botella de godello de Valdeorras ou doutr de uva araúxa cultivada na ribeira do Douro, ambas valoradas en arredor de 500 euros.

Máis espléndidos aínda son obsequios coma un xamón ibérico de landra de aciñeira. A pata, curada durante catro anos e con oito quilos de peso, véndese por uns 600 euros.

Esther Morandeira, distribuidora de produtos delicatessen: "Hai menos xamóns e moitos expórtanse, polo que se esgotan. E cos viños caros pasa o mesmo".

Á marxe deste produtos premium que se adoitan vender por estas datas, nalgunhas tendas gourmet contan tamén con edicións limitadas de bebidas espirituosas. Nestes casos, o seu importe mesmo pode chegar a ascender a varios miles de euros.

Isabel Rodríguez, comerciante: "Os máis caros que temos son reliquias. Son un coñac e un whisky de edicións limitadas que teñen moita demanda no ámbito mundial. Falamos dun coñac de máis de 4.000 euros e dun whisky que lle podería poñer o prezo que quixese".

As botellas de champaña ou de tokaji, que é un viño doce do Danubio, figuran tamén entre os produtos delicatessen máis exclusivos do mercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade