Cargando resultados...
Coa chegada do frío increméntanse as vendas de roupa de abrigo
Coa chegada do frío increméntanse as vendas de roupa de abrigo
Xerseis, bufandas, luvas e cazadoras son as pezas máis demandadas coas baixas temperaturas
G24.gal
11/12/2024 14:12
A chegada deste frío estase a notar tamén nas tendas de roupa que estes días experimentan un aumento considerable no interese por pezas de abrigo.
Gorros, bufandas, xerseis gordos ou cazadoras están tendo máis saída que de costume. Vese moita roupa de abrigo na rúa, pero tamén nas tendas.
Algúns comerciantes confirman "que ata tiveron que repoñer luvas". Outros contan que "a xente bótase aos xerseis gordos e aos abrigos". Unha situación favorable para os negocios que, con previsión de tempo fresco para toda a semana, agardan que se manteña uns días máis.