Publicador de contidos
Publicador de contidos

Neve a 1.000 metros e ata 5 graos baixo cero na montaña en Manzaneda

Neve a 1.000 metros e ata 5 graos baixo cero na montaña en Manzaneda

Manzaneda rexistra as temperaturas mínimas da xornada, con case 5 graos baixo cero

Varios municipios ourensáns tamén acadaron temperaturas negativas

Neve en Pedrafita do Cebreiro, en Lugo / EP
G24.gal 10/12/2024 10:23

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte da provincia de Ourense e a montaña de Lugo. A temperatura mínima marcouna Manzaneda, en Ourense, con case 5 graos baixo cero. En concreto, os medidores de Meteogalicia marcaron -4,7 graos ás 5:10 da mañá. 

O tamén municipio ourensán da Veiga tamén se aproximou a estes valores. Na estación situada en Xares marcáronse -4,3 graos ás 9:10 da mañá, mentres que a de Corzos acadou os -3,9 á mesma hora.

Os seguintes valores máis baixos tamén foron recollidos na provincia de Ourense. Os marcadores de Vilela, en Verín, marcaron -3,5 graos ás 8:30 horas; os de Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, -3,3 ás 5:40 horas, e os de Viana do Bolo, -3,1 ás 9:10 da mañá.

A montaña lucense tamén rexistrou valores negativos, aínda que non tan extremos. No alto do Cebreiro acadaron mínimas de -1,2 graos. Malia as baixas temperaturas, a cota de neve manterase na contorna dos 1.000 metros de altitude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade