Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nove comunidades autónomas en alerta por nevadas, entre elas Galicia

Nove comunidades autónomas en alerta por nevadas, entre elas Galicia

Está activada a alerta amarela na montaña de Lugo por acumulacións de neve de 10 centímetros a partir dos 1.000 metros

En Manzaneda rexistráronse refachos de vento de ata 145 quilómetros por hora e na Veiga os termómetros chegaron aos -4,5 graos

En Asturias e Castela e León, o risco é extremo, a neve podería acadar os 40 centímetros de espesor nas zonas montañosas

O temporal de neve complica a operación retorno, que finaliza este luns

G24.gal 09/12/2024 09:09

A neve e o frío están complicando o regreso a casa tras a ponte festiva da Constitución e a Inmaculada. 

As comunidades de Asturias e Castela e León están hoxe en alerta vermella por nevaradas de 40 centímetros de espesor en zonas montañosas. Unha situación de risco extremo que complica a circulación por estrada nos accesos a Galicia.

Aemet ten activado o aviso amarelo por neve en Galicia, Aragón, Cantabria, Cataluña, Navarra, País Vasco e A Rioxa.

Na montaña de Lugo prevense acumulacións de neve en 24 horas de 10 centímetros en cotas por riba dos 1.000 metros.

Os termómetros sitúanse por baixo dos -2 graos nas provincias de Lugo e Ourense

Baixan as temperaturas nas provincias de Ourense e Lugo. Nas últimas horas anotáronse rexistros por baixo dos 2 graos negativos nas zonas altas.

Segundo os valores recollidos por MeteoGalicia, en  Xares, no concello da Veiga, chegouse aos -4,5 graos ás 04:20 da mañá; en Manzaneda, aos -4 graos, e en Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, aos -3,4 graos ás 04:30 da madrugada.

Na montaña de Lugo as mínimas situáronse por baixo dos -2 graos no Alto do Poio, no municipio de Pedrafita do Cebreiro; nos Ancares e en Cervantes, onde asomaron as primeiras nevaradas.

Tamén houbo fortes ventos de madrugada ou á primeira hora da mañá deste luns en zonas altas. Os refachos máis potentes rexistrounos Cabeza de Manzaneda (Ourense), con 145,7 quilómetros por hora ás 04:40 horas, mentres que Xares, na Veiga (Ourense), notificou 112,5 km/h ás 07:30 horas.

Ao longo do día, estará activo un aviso amarelo por vento costeiro en toda a provincia da Coruña e por forte ondada tanto nesta última zona como na comarca lucense da Mariña.

Máquinas quitaneves traballan arreo nas estradas do norte de España, onde están as zonas máis golpeadas polo temporal.

Asturias e Castela e León activaron o aviso vermello por nevaradas extremas e agardan acumulacións de ata 40 centímetros en zonas de montaña. 

O temporal afectou preto de 70 estradas e varios portos de montaña limitaron a circulación a turismos con cadeas ou pneumáticos de inverno, deixando ducias de camións parados en Cantabria. 

Este luns é festivo en seis comunidades e hai que volver á casa. Moita precaución. Da forza deste temporal invernal, estas imaxes dun rescate da Garda Civil nunha pista de Aragón.

Máquinas quitaneves traballan arreo nas estradas do norte de España, onde están as zonas máis golpeadas polo temporal.

Asturias e Castela e León activaron o aviso vermello por nevaradas ex tremas e agardan acumulacións de ata 40 centímetros en zonas de montaña. 

O temporal afectou preto de 70 estradas e varios portos de montaña limitaron a circulación a turismos con cadeas ou pneumáticos de inverno, deixando ducias de camións parados en Cantabria. 

É festivo en seis comunidades e hai que volver á casa. Moita precaución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar