Tres estradas de Galicia, entre as máis perigosas do estado
Tres estradas de Galicia, entre as máis perigosas do estado
A A-55, que conecta Mos co Porriño, rexistrou o ano pasado 82 accidentes en 2023
Outra estrada, a N-550 no acceso a Redondela, sumou 80 sinistros o ano pasado
Unha estatística negra que confirma a perigosidade da A-55, que un ano máis encabeza a lista na provincia de Pontevedra.
E parece que as cousas no van cambiar durante este ano. A autovía que conecta Vigo co Porriño e Mos volverá bater marca con case 300 accidentes rexistrados ata o mes de novembro, o que supón unha media de practicamente un sinistro por día.
Xunto á A-55, a N-550, tamén en Pontevedra, súmase á lista das estradas máis perigosas de Galicia. Concretamente, no acceso a Redondela acumulou 80 sinistros o ano pasado. A terceira vía con máis sinistros en Galicia é a AC-552, que conecta A Coruña con Cee a través de distintos concellos da Costa da Morte.
Segundo o informe, aínda que a maioría dos accidentes se producen en vías urbanas, os rexistrados nas interurbanas soen ser máis graves debido á velocidade. A DXT destaca, ademais, que unha gran parte dos sinistros teñen lugar en vías fluídas e en bo estado.