Publicador de contidos
Publicador de contidos

O valado do ADIF deixa catro vivendas de Pantón incomunicadas

O valado do ADIF deixa catro vivendas de Pantón incomunicadas

Piden que se recupere o paso peonil que tiñan sobre a vía

Os veciños teñen que dar un rodeo por unha pista de terra privada e con numerosas escaleiras

G24.gal 11/12/2024 14:14

O núcleo de poboación de San Estevo do Sil, no concello lugués de Pantón, quedou dividido en dous deixando os veciños dunha franxa illados. Tras a renovación da vía Monforte-Ourense, o ADIF retirou o paso peonil que tiñan, sen deixarlles alternativa ningunha.

Antes os veciños da marxe da estación deixaban os seus vehículos do outro lado e cruzaban por un paso peonil instalado na vía pero agora a única alternativa que teñen é pasar por un camiño privado de terra, deixar o coche no alto dunha ladeira e baixar preto de 80 chanzos ata chegar as súas casas, unha opción imposible para as persoas maiores ou con mobilidade reducida.

Denuncian que noutros concellos lindeiros si lles crearon pasos alternativos polos que cruzar e quéixanse ademais que están a instalar na zona valados que lle impiden o acceso a diversas propiedades.

Os veciños denuncian que malia que presentaron diversas reclamacións ninguén se puxo en contacto con eles nin teñen resposta ningunha por parte do ADIF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade